CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O ciclo “Ellas Cantan” continúa na Estación de Montaña Manzaneda con Carolina Rubirosa

A autora da canción oficial da promoción Camino de Santiago actuará este sábado 12 de agosto

Carolina Rubirosa.

 

Ao longo de todo este verán, a Estación de Montaña Manzaneda mantivo a actividade unindo deporte e lecer e poñendo o foco en eventos de alto nivel como a Tsunami Manzaneda ou a Copa de España DH.

Esta fin de semana o protagonismo terao a música co ciclo de concertos “Elas Cantan”, que ten como peculiaridade que todos os grupos que o compoñen están liderados por mulleres. Para este sábado programouse a actuación de Carolina Rubirosa, autora da canción oficial da Promoción Camiño de Santiago. Coa súa música, o pop rock galego vai da man da electrónica pop máis bailable, pasando por bossa nova e íntimas melodías de guitarra. Para as próximas fins de semana programáronse Alo Jazz (19 de agosto) e Two in the mirrow (26 de agosto).

A actividade deportiva renovarase o 19 de agosto coa Gladiator Infantil, pensada para que os máis pequenos da casa poidan gozar dun día en familia facendo deporte. Trátase dunha carreira sen carácter competitivo que arrincará a partir das 16.30 horas. O Campus Motorsport, previsto para finais de agosto, aprázase a outono. Xa no mes de setembro, o día 3, espérase a Marcha ciclista Federación. E a todo iso sumaranse as actividades da propia Estación de Montaña cun rocódromo infantil, varios campos de paintball ou parques multiaventura para nenos, entre outras propostas. Complementarán as xa ofertadas o ano pasado: bike park adulto e júnior, rutas dacabalo, tiro con arco, telecadeira turística ou piscina e circuíto termal.

Artigos relacionados

Back to top button