DeportesÚltima hora

O Circuíto Renault de Golf regresa a Ourense o 17 de maio

O torneo amateur, clasificatorio para as finais, repartirá numerosos premios, entre eles un coche

Da man do concesionario Renault Luis Aragonés y Cía, S.L, Montealegre Club de Golf acollerá por segundo ano consecutivo, un dos torneos do CircuÍto Renault que, tras visitar o País Vasco, Andalucía, Murcia e Castela e León, recala en Ourense para celebrar unha das probas correspondente á comunidade autónoma de Galicia.

O torneo celebrarase o vindeiro mércores día 17 de maio e no transcurso do mesmo, o concesionario Renault Luis Aragonés y Cía, S.L, porá a disposición de xogadores, acompañantes, alumnos da escola, socios e afeccionados, as últimas novidades da marca que poderán probarse durante toda a xornada.

O campo de Montealegre, inaugurado en 1993 e moi próximo ao centro de Ourense, ten un percorrido de 18 buratos e 5.486 metros, tecnicamente moi exigente e, segundo a organización “espérase unha importante participación de xogadores que competirán por numerosos premios, entre os que se inclúe un Renault Captur para “Hoyo en Uno” no burato 17, un par 3 de 170 metros, que porá a proba a pericia dos golfistas locais”.

Tralo paso por Ourense, o circuíto trasladarase a Valladolid, Bilbao, Toledo, Barcelona, Tenerife, Málaga, Logroño, Segovia, Madrid, Alicante,… ata superar máis de corenta citas que darán paso ás finais no mes de novembro, despois de percorrer toda España e contar coa participación de máis de dez mil golfistas.

 

Artigos relacionados

Back to top button