
Como toda unha tradición deportiva, cada verán os veciños da SD Ponferradina achéganse ata O Barco de Valdeorras para disputar un partido amigable durante a pretempada. O ano pasado por culpa da pandemia non pudeo ser, pero este ano os bercianos de Segunda División Nacional non faltarán á cita, algo polo que a directica do CD Barco lles dá as grazas.
“Pola dispoñibilidade ano tras ano de visitarnos no noso estadio e dar o gusto de acercar un pouco máis o fútbol profesional aos nosos afeccionados, máis aínda este ano, que empeza a liga como flamante líder”, reza a carta que a directiva barquense lle remitía á ponferradina, con José Fernández á fronte. “Esperamos estar á altura, tanto por parte da directiva, coma do corpo técnico, xogadores e afección”, conclúen.
O partido, o último para o CD Barco antes de iniciar a liga en Terceira o 12 de setembro ante o Silva, será o mércores 8 de setembro ás 19:30 horas no campo de Calabagueiros. O prezo da entrada será de 5 euros para socios e de 10 para non socios.