DeportesÚltima hora

O Club ArcoBarco acerca o tiro con arco aos escolares da vila

 

Co obxectivo de dar a coñecer o tiro con arco, un deporte apto para todos os públicos e practicamente todas as idades pero descoñecido para a maioría da poboación, dende o Club ArcoBarco están visitando os centros escolares da vila.

“A idea é buscar xente para a escola de tiro con arco e a verdade que os nenos quedan moi sorprendidos e con ganas de apuntarse ,aínda que agora esperaremos xa para o vindeiro curso”, explica Sandra Azevedo, campioa galega e unha das que está a visitar os centros co arco, as flechas e as dianas, xunto a Lourdes, Juan José, Rubén, Gara e Salomé.

 

 

Na mañá do mércores 9 de abril, Sandra, Lourdes, Juan José e Rubén estiveron no CEIP Condesa de Fenosa e antes visitaban o Julio Gurriarán o Ramón Otero Pedrayo de Viloira e o IES Lauro Olmo. Os días 28 e 29 deste mes estarán no IES Martaguisela pola mañá; completando o circuíto no mes de maio visitando o CPI Divina Pastora.

E xa de cara ao mes de outubro esperan celebrar a tirada ArcoBarco que o ano pasado tiñan que suspender polas goteiras no pavillón municipal de Calabagueiros.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button