DeportesÚltima hora

O Club Arqueiros do Sil organiza unha xornada de portas abertas o 26 de agosto na Rúa

 

Co fin de darlle visibilidade ao tiro arco, pero tamén de amosar o labor e a traxectoria do Club Arqueiros do Sil neste deporte, esta entidade organizará o sábado 26 de agosto unha xornada de portas abertas no campo de tiro do Aguillón da Rúa, xunto ao campo de fútbol.

A actividade desenvolverase en horario de 19 a 21h. Os asistentes, acompañados por un monitor poderán probar a tirar con arco e tamén está prevista unha exhibición. Esta é a primeira vez que o club promove unha iniciativa deste tipo.

Arqueiros do Sil competía na pasada tempada na liga nacional e noutras competicións españolas como o campionato de sala. Ademais a súa presidenta, Cristina Delgado, lograba en xuño o título de campioa galega en arco composto en categoría sénior feminino e en xullo acudía ao nacional ao aire libre, onde quedaba novena nos 50 m.

Artigos relacionados

Back to top button