
A afección pola petanca segue sumando adeptos en Valdeorras e para todos eles está pensado o novo campionato organizado polo Club de Petanca A Rúa.
Trátase do “Gran bolazo navideño” que se celebrará o vindeiro sábado 23 de novembro no Campo de Petanca do Concello da Rúa, no Aguillón, en horario de 9 a 13 horas e de 15 ata remate.
Haberá premios por tripletas (primeiro, segundo, terceiro e consolación) e tamén agasallo para todos os participantes.



