DeportesÚltima horaVídeos

O Club de Petanca A Rúa prepara a inauguración do campo no Aguillón

 

A afección pola petanca crece por momentos e cada día está máis próxima a inauguración das 5 pistas que conforman o campo no que xoga o recén creado Club de Petanca A Rúa, na área recreativa do Aguillón.

Para seguir poñéndose a punto e practicar, na tarde deste mércores 10 de abril organizaban un torneo amigable no que se reunían 10 tripletas do club de casa e tamén do Club de Petanca Valdeorras, do Barco.

 

 

Tal como avanzan dende o club rues con Raúl Vázquez Rodríguez na presidencia, rondan xa o medio cento de socios e teñen pensado participar no torneo das Festas de Santa Rita do Barco e tamén no de Ponferrada, tendo pensado o mes de xuño para a inauguración do seu campo.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button