DeportesÚltima hora

O Club Montaña Trives fará o 19 de maio a Ruta da Cubela

Trátase do PR-G 180, situado no concello lucense de Ribas de Sil e cunha distancia de 13,5 km

Coa chegada do bo tempo o Club Montaña Trives retoma as súas actividades. Así de cara ao 19 de maio está a preparar un percorrido pola Ruta da Cubela (P-G 180), no municipio lucense de Ribas de Sil. Trátase dun traxecto cunha distancia de 13,5 km (cunha altura máxima de 653 m e mínima de 231 m) e na que se estima unha duración dunhas 4 horas.

A organización contará cun autobús que desprazará aos participantes na actividade dende Trives. Sairá ás 8.15h. de diante do Concello trivés e o seu regreso está previsto para as 18h. As persoas interesadas en realizar esta ruta poden realizar a súa inscrición no correo club.montana.trives@gmail.com. O prezo da inscrición é de 20 euros e inclúe avituallamento, xantar e desprazamento (ida e volta).

Artigos relacionados

Back to top button