Ata a Piscina Álvaro Pino de Pontearas desprazábase na pasada fin de semana o Club Natación Valdeorras para participar na quinta e derradeira xornada da Liga Galega Máster. “Moi ao noso pesar soamente puidemos levar a 7 nadadores debido á gran cantidade de baixas que tivemos por diversas situacións: coincidencias, enfermidades e mala sorte… pero,a pesar de todo, os nadadores participantes mantiveron o seu nivel habitual, e mesmo varios melloraron as súas marcas, polo que estamos moi contentos”, comenta o adestrador do club, Jorge Espinosa.
En total sumaban oito podios, sete individuais e un nunha proba por equipos.
Os resultados dos nadadores valdeorreses eran os seguintes:
400 Estilos Mixta (TIM)
25+_M: 2º Miguel B. Díaz Quezada
35+_F: 3º Amparo Rodríguez de Dios
100 costas
45+_F: 1º Mar Vidal Bello
35+-F:3º Amparo Rodríguez de Dios
50 m Bolboreta Masculino (TIM)
45+_M: 6º Jorge Espinosa Mira
50 m Bolboreta Feminino (TIM)
45+_F: 2º Yolanda Vázquez González
40+_F: 2º Jessica Méndez Abelaira
100 m Libre Masculino (TIM)
45+_M: 4º Carlos González Sández
100 m Libre Feminino (TIM)
45+_F: 4º Mar Vidal Bello, 5º Yolanda Vázquez González
40+_F: 4º Jessica Méndez Abelaira
100 m Braza Masculino (TIM)
25+_M: 1º Miguel B. Díaz Quezada
45+_M: 6º Jorge Espinosa Mira, 9º Carlos González Sández
4×50 m Libre Mixta (TIM)
160+_X: 2º Club Natación Valdeorras
Fotos cedidas.