Excelente actuación valdeorresa no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno, que se desenvolvía a pasada fin de semana en Ponteareas. Así, nesta competición o Club Natación Valdeorras, que participaba con 7 nadadores colletaba unha decena de metais.
“Pese a que tivemos moitas baixas por enfermidade no noso club para este campionato, os resultados individuais obtidos foron francamente bos nas súas respectivas categorías. Polo que estamos francamente contentos”, destacan dende o Club Natación Valdeorras.
Nadador/a e medallas obtidas
Amparo Rodríguez de Dios 200 braza: bronce 200 bolboreta: ouro
Jessica Mendez Abelaira 100 estilos: bronce
Francisco José Rodríguez Basanta 400 estilos: ouro 200 estilos: bronce
Fernando Rebanal Alfaya 200 costas: bronce
Yolanda Vázquez González 200 estilos: ouro
Jorge Espinosa Mira 50 braza: ouro 50 costas: prata 100 costas: bronce
Fotos cedidas.