DeportesNataciónÚltima hora

O Club Natación Valdeorras pecha unha “gran tempada de piscina” con 10 metais no galego máster e récord autonómico

 

Co campionato galego máster, que se disputaba na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios (Ourense), remataba na pasada fin de semana a campaña de piscina o Club Natación Valdeorras “cun fantástico resultado” que se traduce en 10 metais e 1 récord galego.

Os resultados por categorías son os seguintes:

Amparo Rodríguez de Dios:
100 bolboreta: ouro
200 bolboreta: ouro e récord Gallego
Mara Vidal Bello:
400 estilos: ouro
200 bolboreta: ouro
100 bolboreta: prata
Francisco José Rodríguez Basanta:
200 libres: bronce
100 braza: bronce
50 braza: bronce
Fernando Rebanal Alfaya:
100 costas: bronce
Yolanda Vázquez González:
200 estilos: bronce

 

A nadadora Amparo de Dios, que lograba, ademais de dúas medallas, o récord galego en 200 bolboreta.

 

O Club Natación Valdeorras asegura que rematan “unha gran tempada 23/24” pese “ás dificultades pasadas e presentes”, entre as que citan “a falta de apoio do Concello do Barco” e as complicacións “absurdas que nunca entendemos nin no fondo nin no por que por parte da instalación na que adestramos (a piscina climatizada do Barco)”. Neste senso, din que dende a piscina informóuselles de que o ano que vén só poderán adestrar “nunha rúa, non en dúas”, algo que cualifican de “absurdo e descortés, posto que á hora que imos (martes de 20:30u a 21:30h.), non adoita haber máis de 3 ou 4 persoas”.

Así mesmo esta entidade amosa o seu orgullo polos resultados e por “representar á comarca de Valdeorras no deporte mais practicado do mundo”, malia non ter “ningún apoio institucional, nin económico, nin de calquera tipo”. E din que a súa situación contrasta coa doutros clubs da provincia xa que “en todas as piscinas nas que imos competir, o Concello, a piscina, etc… desvívense polos nadadores”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button