OurenseÚltima hora

O Club Ourense Baloncesto presenta aos catro equipos vinculados de diversidade funcional

 

Nesta semana o Club Ourense Baloncesto, da man da Área Social, presentaba en Rocklife Crossfit aos catro equipos vinculados de diversidade funcional que vestirán as cores do equipo nas súas respectivas ligas.

Así, a Asociación As Burgas, Aspanas, ADO Ourense defenderán o azul e amarelo durante a próxima temporada nos Special Olympics mentres que Residencia Os Milagres faráo na Federación Galega de Deportes Adaptados.

O Club Ourense Baloncesto traballará man a man durante a tempada con estas asociacións tanto no Paco Paz como nos seus adestramentos para disfrutar todos xuntos dos éxitos colleitados. “Queremos dar as grazas en primeiro lugar a Rocklife Crossfit polo seu apoio un ano máis, e en segundo lugar, pero non menos importante, a estas catro asociacións coas que, ademáis de compartir camiño, tamén compartimos valores de superación, traballo en equipo e compañeirismo”, din dende o COB, asegurando que “é un pracer poder anunciar acordos coma este”.

 

Artigos relacionados

Back to top button