ConcellosÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco dá o seu agarimoso adeus á súa tesoureira, Dina Campazas

Foto: O SIL.

 

Na tarde deste 20 de outubro o Club Peña Trevinca Barco vén de facer público, a través das redes sociais, o súbito falecemento de Dina Campazas, socia e tesoureira desta entidade deportiva. Dun xeito moi agaramiso e sentido despídese da súa compañeira, veciña do Barco e moi querida na zona, unha auténtica namorada da montaña e do deporte.

“Hoxe a montaña tamén se detén para lembrarte. Grazas pola túa forza, por compartir o camiño e por todo o que nos deixas. Sempre no noso camiño”, di o Club Peña Trevinca Barco.

 

Back to top button