Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Club Peña Trevinca Barco pecha a Liga Galega de Orientación a pé 2022 con tres podioss

Martina Aller Pfirter, 2ª en F12; Javier Rodríguez Sarmiento, 2º en M55; e Mailén Aller Pfirter, 3ª en F18

 

O Monte Iroite, moi preto de Porto do Son, na Coruña, acollía a 14ª e última proba da Liga Galega de Orientación a pé 2022, nun día chuvioso e frío no que catro deportistas do Club Trevinca Barco representaban á orientación de Valdeorras con moi bos resultados.

Os mellores eran os de Martina Aller Pfirter, 2ª en F12 e Javier Rodríguez Sarmiento, 2º en M55, destacando  tamén o de Mailén Aller Pfirter, 3ª en F18 e Pablo Aller Estévez, 10º en M50.

 

 

Con todo a tempada pecharase o vindeiro domingo 27 de novembro coa tradicional proba de relevos que servirá tamén para entregar os trofeos aos gañadores de todas as categorías. Será o Club Trevinca Barco quen organice esta proba no centro urbano do Barco e a participación estará aberta tamén a deportistas non federados que queiran iniciarse neste apaixonante deporte.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button