DeportesÚltima hora

O Club Petanca Valdeorras organiza para os socios un torneo de tute cabrón e outro de ra

Serán os días 13 e 15 de setembro a partir das cinco da tarde no Chao (O Barco de Valdeorras)

Membros do Club Petanca Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro sábado 16 de setembro o Club Petanca Valdeorras celebrará o V Campionato de Petanca das Festas do Cristo no que esperan tripletas de diferentes partes de Galicia e tamén do Bierzo, pero uns días antes terá outros dous campionatos só para os socios.

O mérdores 13 de setembro ás 5 da tarde terán un campionato de tute cabrón entre todos os socios e socias que queiran participar. Tal como indica o presidente do club Gabriel Álvarez, a inscrición (2 euros) será nas pistas do Chao no Barco a partir das 17 horas e “haberá premios para os tres ganadores”, di.

E o venres día 15, tamén ás 5 da tarde celebrarán o campionato de ra. Haberá tamén premios para os tres ganadores e a inscrición será igual, 2 euros, nas pistas a partir das cinco.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button