DeportesKárateÚltima hora

O club SHARK da Rúa estréase na Liga Galega de Karate cunha medalla de ouro

Karatecas do club SHARK, en Ferrol./ Foto cedida.

 

O recentemente constituído Club de Karate da Rúa, cuxas siglas responden ao nome Shotokan A Rúa Karate (SHARK), estreábase esta fin de semana en Ferrol, A Coruña, coa vitoria dun dos seus membros, o karateca Lucas García Rodríguez, ouro na categoría Infantil Masculino Iniciación.

Destacan tamén as actuacións do deportista Dylan González Biscaia, que alcanzaba un quinto posto na categoría Cadete Masculino Iniciación. “Para Lucas, como para moitos dos seus compañeiros, esta era a súa primeira experiencia sobre o tatami de competición, que finalmente, superaron con creces”, asegura a adestradora Raquel Fernández Cruz. Moitos deles, a pesar de ser a súa primeira vez, quedaro ás portas de disputar unha medalla, como foi o caso da categoría Xuvenil Masculino Iniciación, na que Mateo Núñez e Iago Dobao quedaban a dous e tres postos respectivamente de disputar o bronce.

Así pois “satisfacción pola experiencia vivida e ganas de máis” son as dúas sensacións máis pronunciadas polos deportistas deste club que espera dar moito que falar no panorama de competición galego.

Artigos relacionados

Back to top button