En portadaÚltima hora

O Clúster da Lousa renova e reforza a súa imaxe na rede

Esta entidade vén de presentar o novo deseño da súa web, máis accesible, práctica e con novos contidos
Cuberta de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Cuberta de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Navegación máis sinxela e práctica, cun coidado uso da imaxe e cun abano máis amplo de contidos. Así é a nova páxina web que vén de presentar o Clúster da Pizarra de Galicia: www.clusterdapizarra.com. “A web adáptase a calquera tipo de dispositivo (ordenador, tablet ou teléfono móbil), así como a todos os sistemas operativos. Ademais a páxina recoñece o tamaño da pantalla na que se está visualizando, axustando automaticamente a súa estrutura a cada formato”, segundo se indica dende o clúster.

Detalle da páxina web do Clúster da Pizarra de Galicia.
Detalle da páxina web do Clúster da Pizarra de Galicia.

A páxina de inicio amosa un menú con cinco apartados (que á súa vez se subdividen en novos epígrafes): lousa, empresas, perfil do contratante, colocación de lousa, noticias e publicacións. En cada un deles pode accederse de maneira clara e rápida a información útil e práctica relativa ao sector da pizarra. Está ademais enfocada a diferentes perfís de usuarios, dende os prescritores e os técnicos ata o público en xeral. “Dentro dos contidos, ademais de ofrecer a máis ampla información sobre as características técnicas da lousa, a súa utilización e as empresas asociadas ao Clúster, os visitantes da web atoparán as últimas noticias referentes ao sector, poderán descargar as publicacións editadas pola organización e facer chegar as súas dúbidas e consultas a través do formulario de contacto”, indican dende o Clúster da Pizarra.

A parte da renovación da páxina, esta organización dá o salto ás redes sociais (facebook e twitter) pretendendo dese xeito “mellorar as súas ferramentas de comunicación, adaptándose as novas tecnoloxías”.

Artigos relacionados

Back to top button