En portadaÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia convoca o II Premio de Construción con Lousa

O certame establece dúas categorías, Mellor Fachada e Mellor Cuberta, cun premio de 1.000€ en cada unha, para obras nas que se empregou a lousa galega

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Clúster da Pizarra de Galicia vén de convocar a segunda edición do Premio de Construción con Lousa, que naceu en 2021 como un certame de convocatoria trienal, constituído para poñer en valor a lousa como material referente nas edificacións sostibles e a innovación na construción.

Tras o éxito da primeira edición, esta agrupación industrial quixo apostar pola continuidade desta iniciativa, na súa “aposta pola lousa como un elemento fundamental na construción, que mellora a habitabilidade e a sustentabilidade dos proxectos arquitectónicos”.

A este galardón poderán optar obras ou proxectos de calquera persoa, empresa ou institución interesada, que fosen realizadas por profesionais, arquitectos e construtores, radicados en España ou no estranxeiro, e que se encadren dentro das categorías: de nova construción, reformas, rehabilitacións ou espazos públicos, situadas tanto en España como no estranxeiro. As obras que se presenten ao premio, deberán empregar de forma significativa a lousa na maior parte das súas cubertas ou parámetros exteriores, e ser realizadas entre o 31 de outubro de 2021 e o 31 de outubro de 2024.

Dúas categorías de premios

As bases do premio establecen dúas catgorías. Por unha banda, está o Premio á Mellor Fachada e, pola outra, o Premio á Mellor Cuberta. En ambos os galardóns, premiarase ao arquitecto (con 1.000€ e diploma acreditativo), aparellador e colocador da obra (ambos con diploma de recoñecemento).

Farase distinción dos mellores proxectos e actuacións en infraestruturas ou espazos exteriores que acheguen aspectos relevantes, innovadores e de integración do comportamento da lousa, así como a súa contribución á revitalización e mellora da calidade do espazo na contorna no que se empregou. Da mesma forma, valorarase a investigación e a innovación co devandito material construtivo.

Este certame, forma parte das ferramentas contempladas no Plan de Promoción recentemente presentado polo Clúster da Pizarra de Galicia. “A iniciativa pon o foco no colectivo prescritor máis importante para o sector no ámbito da construción, como é o de arquitectos e arquitectos técnicos, recoñecendo o seu traballo e labor profesional”, resaltan dende este organismo.

As bases do premio poden consultarse en

https://clusterdapizarra.com/wp-content/uploads/2024/10/Bases-del-II-Premio-de-Construcci%C3%B3n-Sostenible-con-Pizarra.pdf

Artigos relacionados

Back to top button