DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CN Escualos organiza a I travesía Encoro dos Peares

Catorce nadadores participaron na proba, non competitiva, para presentar o club

Despois dun tempo preparándose, na mañá do 27 de setembro, catorce nadadores (sete para o percorrido de 500 metros, e otros tantos para o de 1.600 metros), déronse cita no Encoro dos Peares para participar na travesía organizada polo CN Escualos, como presentación do club.

Tal como explican dende o club “a previsión cumpriuse e tivemos un día soleado, coa auga a 20º, perfecta para nadar”, polo que os nadadores disfrutaron dunha travesía non competitiva, na que destacaron “a beleza do entorno e a experiencia das augas abertas”, aseguran.

Ás 12:10 horas dábase a saída da travesía máis curta e en torno ás 12:55 horas saían os nadadores da travesía longa, sen tomar tempos nin entregar premios individuais.

Dende o club dan as grazas pola colaboración de Ambulancias “As Burgas”, Centro de Inmersión Lingüistica de Peares, Club Náutico de Carballedo e InterSport Bouso xa que “coa súa colaboración tivemos o apoio necesario para organizar o evento, proporcionando ademais seguridade os nadadores”, din, emprazando aos asistentes á travesía que organizará o club o vindeiro ano.

Fotos: CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button