OurenseÚltima hora

O CNPO, terceiro no Campionato galego contrarreloxo por equipos de triatlón na distancia sprint

 

Na xornada do domingo 29 de setembro a sección de triatlón do Club Natación Pabellón Ourense (CNPO) subía ao terceiro chanzo do Campionato galego contrarreloxo por equipos na distancia sprint obtendo así “a súa mellor clasificación como equipo dende que se iniciou esta sección alá polo 2015”, puntualizan dende o club.

 

 

A proba na que debían rematar os 4 integrantes para clasificar, constaba de 750m de natación, 20km de bicicleta en modalidade de contraorreloxo por equipos e 5km de carreira a pé, “investindo un tempo total de 1:01:45”.

Os integrantes do equipo, todos ourensáns e saídos da canteira do club, foron  Xandre Álvarez, Marcos Vila e os xuvenís Álvaro Cobelas e Martín López.

XI Triatlón Desafío Illas Cíes 2024

Unha semana antes, o 22 de setembro un destes triatletas Alexandre Álvarez Ferreira alzábase coa vitoria na categoría elite no XI Triatlón Desafío Illas Cíes 2024 proclamándose a súa vez campión galego de triatlón de media distancia.

 

 

A proba constaba de 1.900 metros de natación na Praia do Vao en Vigo (Pontevedra); 90 quilómetrosa na bicicleta en formato contrarreloxo; e media maratón (21,1km) a pé. “Saiu segundo da natación e, antes de completar a primeira volta de ciclismo, xa se puxo á fronte da proba dominando con autoridade ata o remate da mesma deixando un crono de 03:45:46.

 

Artigos relacionados

Back to top button