OurenseÚltima hora

O Colexio de Economistas de Ourense leva case 20 anos representando á profesión

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados

 

Dentro da súa rolda de encontros institucionais que está tendo trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, recibía na mañá deste luns 11 de xaneiro á Decana do Colexio de Economistas de Ourense, María del Carmen Sampayo. Nesta primeira toma de contacto, Alén Castro interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados.

O Colexio de Economistas de Ourense, como corporación que agrupa principalmente aos economistas profesionais desta provincia, foi creado o 7 de outubro de 2004, e desde entón está ao servizo de toda a sociedade en xeral e do colectivo dos seus colexiados en particular.

Como institución representativa da profesión de economistas, esta corporación ten como principal obxectivo fomentar o seu desenvolvemento e velar para que a actividade profesional ofreza á sociedade as garantías suficientes de calidade e competencia.

Artigos relacionados

Back to top button