O vindeiro día 2 de marzo ás 12 horas e con motivo do futuro irmanamento do Concello de Vilamartín de Valdeorras e o de San Sebastián de la Gomera, o CEIP Xosé Manuel Folla Respino acollerá unha charla para dara a coñecer aos nenos de Primaria a figura do clérigo e político Antonio Ruíz de Padrón, abade de Vilamartín e deputado nas Cortes de Cádiz.
A charla está organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses en colaboración co Concello de Vilamartín de Valdeorras e será impartida polo Membro de Mérito do IEV, Antonio Castro Voces e polo escritor e antigo profesor do centro, David Vázquez.
A coordinación da charla corresponde ao presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado e á vicesecretaria, Sherezade Núñez.