Dun xeito moi persoal están a felicitar o Nadal dende o colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras. Durante dous días, os alumnos de 3º e 4º da ESO encargáronse de repartir as postais elaboradas no centro, a todos os negocios da vila, entre eles o Periódico O Sil.
Na mañá deste xoves 22 de decembro, Día da Lotería de Nadal, tres estudantes achegábanse ata a redacción para entregar a postal, unha imaxe en lembranza dos incendios do verán en Valdeorras, coa mensaxe de esperanza “Volveremos a brillar”.
Fotos: Mónica G. Bellver.