A RúaConcellosEntroido 2025Galerías de fotosÚltima horaVídeos

O colorido, a imaxinación e o ritmo marcan o desfile do Entroido na Rúa

 

Gran tarde de humor, imaxinación, cor e música se vivía neste Martes de Entroido na Rúa, grazas ás comparsas participantes.

 

 

Pasadas as catro e media da tarde comezaba o desfile na rúa Campo Grande. Abrían a comitiva o Folión de Petín e a aí desfilaban as once comparsas participantes este ano, todas cunhas coidadas coreografías que animaban o seu paso pola vila ata a rúa da Estación. Pechando a comitiva, a charanga Bicoia que tamén amenizaba o xantar popular.

 

 

O desfile, organizado polo Concello da Rúa, contou coa colaboración de Protección Civil e da Policía Local para controlar o tráfico pola estrada central.

O Entroido rematará mañá, Mércores de Cinsa co enterro da Sardiña na Rúa Vella.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button