Na tarde deste soleado pero algo fresco sábado 6 de xuño, o CarnaVrao de San Cristóbal 2024 chegaba ao acto central co desfile de comparsas que percorrían a localidade ruesa, dende o Campogrande ata a Estación.
Ao ritmo da Baturruka de Monforte arrincaba pasadas as oito da tarde o desfile seguida de preto polas comparsas participantes: Trangallada de Salas de La Ribera, Fad@s on Fire, Aloha, Crucero Chancletero, Las Sevillanas Marchosas, Reinas Pavas, Son Cubanas, Troula da Rúa e E ti de quen ves sendo. Todos con espectaculares disfraces e orixinais coreografías seguidas de preto polo numeroso público que enchía as rúas da vila. No Concello, o xurado controlaba atento para puntuar a cada unha.
Abrindo e pechando a comitiva, membros de Protección Civil que coordinaban o tráfico nesta iniciativa levada a cabo pola Asociación San Cristóbal, creada por veciños da Rúa para dinamizar a vila con actividades como a recuperación das Festas de San Cristóbal, entre outras.
Unhas festas que rematarán o mércores 10 de xullo coa misa, bendición e desfile de coches.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas imaxes da galería que son cedidas.