A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa abre o prazo de presentación de solicitudes para o cargo de Xuíz de Paz substituto

 

Dende o Concello da Rúa veñen de emitir un bando como apertura do prazo para a presentación de solicitudes por parte das persoas interesadas en ocupar o cargo de Xuíz de Paz substituto do Xulgado de Paz da Rúa.

Segundo o bando, os interesados deberán ser españois, maiores de idade e, “aínda non sendo licenciados en Dereito, reunir os requisitos establecidos para a Carreira Xudicial e non estar incursos en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís”, reza o bando.

Segundo as bases, as persoas interesadas poderán formular solicitude no rexistro presencial do Concello da Rúa ou por calquera das formas de presentación reguladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, ata o vindeiro 15 de xaneiro. Na solicitude deberán indicar a súa idade, natureza, domicilio, profesión, estudos e experiencia laboral e, no caso de ser avogados en exercicio, o compromiso expreso de abandonar o exercicio, se fosen nomeados. Tamén deberán aportar fotocopia do DNI.

 

Artigos relacionados

Back to top button