En portadaÚltima horaVídeos

O Concello da Rúa entrega os premios do concurso de decoración de Nadal

 

Unha vez pasadas as festas e tal como estaba previsto, o Concello da Rúa entregaba, na mañá deste martes 9 de xaneiro, os premios do I Concurso de Decoración “Nadal nas rúas”.

En total foron 40 os inscritos nesta primeira edición do certame que contou con 4 categorías: na de Comercios e Hostalaría, o primeiro premio foi para Xardinalia e o segundo para Entredós; na de Xanelas e Balcóns, o primeiro foi para a Familia Casas Acuña e o segundo para Emilia de Fátima Soares; e na de Casas, o primeiro premio foi para Lucía Rodríguez Mourís e o segundo para Carlota Quiroga Fernández. O Premio Especial para a comunidade de veciños, colexio, rúa ou praza foi para a Asociación de Veciños de Roblido.

 

 

Todos os premiados levaron diploma e cesta con produtos da comarca (de máis ou menos valor en función do primeiro e segundo premio), estando a elección moi reñida segundo o xurado, composto por: Yasmina Alonso, María Isabel González, Avelino Fernández, Luis Fernández e María González.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button