A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa fai pública a distribución das mesas para a Festa do Codillo

O xantar será mañá a partir das 14:30 horas

 

A pouco máis de 24 horas para a apertura das portas do pavillón o Concello da Rúa facía pública a organización das mesas da XIV Festa do Codillo.

Segundo as entradas vendidas serán máis de 900 as persoas que se darán cita mañá, sábado 28 de xaneiro, no pavillón Victorino Núñez da Rúa para degustar, a partir das 14:30 horas, un menú a base de consomé con picatostes, codillo con chourizo, patacas e grelos e bica, ademais de viño, café e licores.

Con anterioridade á comida popular, ás 13h. levara a cabo no Centro Cultural Avenida, un emotivo acto homenaxe aos nosos maiores xunto coa conmemoración do XX aniversario do irmandamento entre Almendralejo e A Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button