Dende hoxe e ata o venres 22 de abril, o Concello da Rúa e os viños de Valdeorras estarán presentes na 21 edición de Iberovinac, Salón do Viño e da Aceituna de Extremadura que se está celebrando en Almendralejo.
Convidado polo propio alcalde almendralejense, o concello rues conta cun stand propio que o presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, visitaba durante a inauguración da feira que tiña lugar esta mañá. Aí recibía como obsequio unha caixa de viños da Rúa, brindando con eles en compañía de Álvaro J. Fernández alcalde da Rúa e José María Ramírez Morán, alcalde de Almendralejo.
Fotos cedidas.