As redes sociais, de xeito moi especial o Facebook, o Instagram ou o WhatsApp estanse convertendo nas mellores ferramentas neste tempo de confinamento. Empregadas pola poboación para entreterse pero sobre todo para manter o contacto, aínda que virtual, cos seres queridos. Peto tamén polas Administracións, para manter informados aos veciños do avance do coronavirus e tamén para lanzar mensaxes de ánimo e agradecemento.
O Concello da Rúa é un claro exemplo, con información puntual a través do Facebook e tamén iniciativas para animar á veciñanza e mesmo vídeos como o que acaban de publicar, nesta mañá de 30 de abril. Un vídeo con imaxes da vila, e unha mensaxe clara: “Abride os ollos para mirar o noso mundo máis próximo. Ese mundo que, ás veces, non valoramos como deberiamos. Saca o mellor de ti, dálle as grazas ás persoas que tes cerca, a quen te coida, apoia e impulsa. Porque todo vai pasar e volveremos con máis forza que nunca. Grazas e ánimo!”