ConcellosÚltima hora

O Concello de Barbadás retira o escudo da Fonte da Carreira e homenaxea ás vítimas do franquismo

O acto terá lugar este sábado 19 de novembro, ás 11:30 horas, na rúa Carreira
O acto terá lugar xunto á Fonte da Carreira.
O acto terá lugar xunto á Fonte da Carreira.

O Concello de Barbadás quere homenaxear ás persoas que sufriron “persecución, maltrato ou incluso a morte por defender a liberdade, a xustiza e a democracia vixente durante a república” cun acto que terá lugar este sábado 19 de novembro ás 11:30 horas na rúa Carreira.

Tal como adianta o tenente de alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, no acto descubrirase unha placa en memoria destas persoas, colocada na Fonte da Carreira, na rúa do mesmo nome da parroquia de Barbadás, da que foi retirado o escudo falanxista que permanecía desde o ano 1959.

A retirada deste escudo e a placa conmemorativa pretende a “restitución da memoria das persoas perseguidas e o cumprimento da Lei de Memoria Histórica aprobada no ano 2007 e que insta ás administracións públicas a tomar as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar da Guerra Civil e da represión da Ditadura”, en palabras do nacionalista Fírvida.

 

Escudo franquista retirado da fonte en Barbadás.
Escudo franquista retirado da fonte en Barbadás.

Artigos relacionados

Back to top button