CarballedaConcellosÚltima hora

O Concello de Carballeda aposta pola lousa para embelecer as rúas de Sobradelo

 

No marco dunhas actuacións de embelecemento dunha das rúas de Sobradelo o Concello de Carballeda de Valdeorras aposta polo uso da lousa como material, desta volta para pavimento. Trátase dunha intervención que se está a desenvolver nunha zona próxima á fonte de lousa, que tamén rende tributo a esta pedra natural que fai de Valdeorras un referente no mundo, realizada por Xelo de Tremiñá.

 

 

“Tendo referencia ese monumento á lousa, estamos a substituír o adoquín que antes había no solo por lousa”, destaca a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button