ConcellosÚltima hora

O concello de Castro Caldelas celebra os dous nacementos rexistrados no último mes

Noa./ Foto cedida.

 

Nun territorio como o interior de Galicia, marcado pola despoboación, cada nacemento é case un milagre, po iso en Castro Caldelas están de noraboa xa que foron dous os necementos rexistrados neste pasado mes, o de Diego e o de Noa.

“A natalidade nas zonas rurais é mais ben escasa e por elo sempre se recibe con gran ledicia cada vez que un novo bebé nace no concello”, asegura a alcaldesa, Sara Inés Vega, lembrando que nos últimos anos houbo un goteo incesante de nacementos, pero “Noa foi todo un acontecemento para a aldea de Montemiau (pequeno núcleo de 4 familias a diario e en boa parte do ano 6 familias residentes), xa que é a primeira nena que nace e reside aí nos últimos 30 anos. Por iso, “para Noa todo son mimos de parte dos seus pais, avós e veciños. Unha fermosa nena recibida por todos como un soplo de aire fresco e unha ilusión compartida”.

Miguel e Mª Carmen “son os felices papás desta nena que xa está sendo a celebridade da aldea que a recibíu como propia e parte da vida de todos os veciños”, di a alcaldesa, dándolles a noraboa a eles que están desfrutando da súa paternidade/maternidade e a “todos os engaiolados veciños que desfrutan de novo da ilusión de ver un novo unha nena que pronto correrá polas rúas e corredoiras de Montemiau”.

Sara Inés Vega asegura que “como alcaldesa sinto unha grande satisfacción”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button