ConcellosManzanedaÚltima hora

O Concello de Manzaneda confirma un caso de Covid no municipio

 

Logo de semanas libre de coronavirus, Manzaneda vén de iniciar este 2020 cun positivo. Así o vén de notificar o Concello de Manzaneda, tras a confirmación recibida dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

“Polos datos que temos”, indica o Concello, “dita persoa encóntrase con síntomas leves, e confinada na sua casa. Os protocolos que manda o Sergas xa están activados”. Ademais o Concello de Manzaneda e a súa agrupación de Protección Civil póñense a disposición desa persoa “para todo o que poidan precisar, desexándolle unha pronta recuperación”.

Así mesmo, o Concello insiste en recordar que “o que mellor nos protexe é continuar mantendo activos os protocolos que nos marcan dende Sanidade. Tamen queremos apelar de novo o esforzo de todos, xa que ahora que comenzan as vacinacións na nosa comarca, non debemos baixar a garda”.

Artigos relacionados

Back to top button