CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de O Bolo convida a facer un percorrido pola obra de Yosso e a súa aldea natal, Valbuxán

A andaina, prevista para o 10 de decembro, saída dende o museo do artista (no Bolo)

Un cadro de Yosso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o servizo de información turística do Concello de O Bolo fan unha interesante proposta para o vindeiro 10 de decembro. Trátase dunha andaina que sairá á 10 da mañá dende o Museo Yosso, no casco urbano do Bolo, para “descubrir a vida, a obra e o lugar onde viviu un dos artistas máis destacados de Valdeorras: Yosso”, adiantan dende a organización.

Un percorrido duns 7 quilómetros (ida e volta), que permitirá coñecer os cadros e tamén a aldea na que o artista naceu e viviu boa parte da súa vida, Valbuxán, estando tamén moi presente a historia do propio concello.

A actividade é gratuíta con prazas limitadas e rematará cun viño. Para que o precise contarase  coa colaboración de Protección Civil do Bolo para regresar ao punto de partida.

As reservas poden facerse no Concello de o Bolo e tamén chamando ao servizo de información turística: 606017105.

 

Artigos relacionados

Back to top button