ConcellosO BoloÚltima hora

O Concello de O Bolo súmase á Ruta do Viño de Valdeorras

O alcalde de O Bolo e a técnica de turismo do concello co presidente e a vicepresidenta da Ruta do Viño.

 

A Ruta do Viño de Valdeorras segue crecendo. Formada por un grupo de emprendedores entre os que se atopan adegas, hoteis, restaurantes e empresas de ocio, e cuxa finalidade é desenvolver o enoturismo na comarca de Valdeorras, esta agrupación conta cun novo asociado.

Trátase do Concello de O Bolo, que se adhería na mañá deste mércores 1 de decembro trala reunión celebrada no propio Concello entre o alcalde, Manuel Corzo, e o presidente e vicepresidenta da Asociación Ruta do Viño, Joaquín Sánchez e Montse Rodríguez, ademais da técnica de turismo de O Bolo, Rita Sarmiento.

Con este son xa sete os concellos que pertencen á ruta, e neste caso concreto, a unión ten como obxectivo a colaboración e promoción conxunta nos diferentes proxectos que desenvolva a Asociación así como a posta en valor dos recursos vinícolas, gastronómicos e patrimoniais que alberga o municipio de O Bolo.

 

Os asistentes á reunión, no esterior do Concello de O Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button