OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense anima á participación no Concurso de Maios e Coplas 2015

A festividade desenvolverase o 3 de maio e haberá un total de 11.000 euros para participación e gañadores
Festa dos Maios en Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.
Festa dos Maios en Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

Os Maios de Ourense, Festa de Interese Turístico, desenvolverase na Alameda do Concello durante o domingo 3 de maio. Un mes antes, a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, xunto coa técnica de Normalización Linguística, Mónica Valencia, presentaban as bases do Concurso de Maios e Coplas 2015.

Un concurso no que poderán participar toódalas asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas dentro das dúas modalidades. No ámbito dos Maios haberá catro categorías: maio enxebre, artístico, creativo (unha figura que se recupera este ano) e maio infantil. Por outra banda, nas Coplas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizada, penalizando o uso de textos de anos anteriores.

En total serán 11.000 euros que se concederán en concepto de axudas pola participación e os premios aos gañadores.

O prazo para presentación de inscricións estará aberto ata o día 30 de abril ás 14h, e a inscrición dos participantes farase nas dependencias da Concellería de Cultura, na Praza de San Martiño, nº 2 – 1º.

Desde a concellería de Educación e Cultura, enviarán asemade unha carta animando aos colectivos e asociacións á participación na Festas dos Maios. En especial aos colexios, con dous aspectos novos nas bases deste ano que son o premio para coplas infantís e a incorporación do maio creativo (recreación dos maios podendo incorporar outros elementos que non sexan de orixe vexetal).

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button