O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores coplas e maios que participen na Festa dos Maios de Ourense 2025, que se desenvolverá o día domingo, día 4 de maio, na cidade. A Concellería de Artes e Festexos incrementa este ano a contía dos premios, así como a das axudas por participar. O certame inclúe 6 categorías:
· Premio Maio artístico (o que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte da aldea ou da cidade, personaxes etc.): 1º Premio de 1.000 €, 2º Premio 800 €, 3º Premio 600 €
· Premio Maio enxebre (maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros): 1º Premio 700 €, 2º Premio 500 €, 3º Premio 400 €
· Premio Maio creativo (representación de maios enxebres como pirámides, conos ou cruceiros, podendo utilizar calquera técnica ou material): 500 €
· Premio Maio infantil (realizado por menores de 18 anos, colexios, ANPA etc). 1º Premio 500 €, 2º Premio 300 €, 3º Premio 200 €
· Premio Mellores coplas de persoas adultas: 1º Premio 500 €, 2º Premio 300 €, 3º Premio 200 €
· Premio Mellores coplas infantís: 1º Premio 500 € 2º de 300 €, 3º de 200 €
A organización concederá tamén unha axuda de 400 € a todos os maios participantes no concurso
As inscricións realizaranse no Rexistro Xeral do Concello utilizando un modelo que se pode descargar na páxina web do Concello ou solicitar na Área de Artes e Festexos, no Auditorio Municipal. En caso de entidades ou asociacións deberá realizarse por sede electrónica.
O prazo improrrogable de inscricións rematará o martes, 28 de abril ás 14 horas.