OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense incrementará os premios do desfile do Entroido para incentivar a participación

Desfile de Entroido en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ourense incrementará os premios do desfile do Entroido 2023. Así o anunciaba esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, explicando que, con esta iniciativa, “o goberno municipal quere fomentar a participación nesta tradicional cita do calendario festivo ourensán”.

O Concello de Ourense xa traballa nos preparativos da festa, que en 2023 coincidirá a unha data temperá, concretamente o domingo, 19 de febreiro. Estes días ultima as bases do concurso co que cada ano premia as agrupacións participantes no desfile, que proximamente presentará á aprobación da xunta de Goberno Local, incluíndo este aumento da dotación dos premios.

O alcalde anima a todas as persoas que o desexen a que se preparen para participar na festa da cidade e participar no seu desfile central.

Artigos relacionados

Back to top button