OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense reforza o servizo de bombeiros con dous novos vehículos de última xeración

Presentación dos novos vehículos para o servizo de bombeiros.

 

Na mañá deste mércores 22 de decembro, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o tenente de alcalde, Armando Ojea, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e o xefe do servizo de Bombeiros, José Ramón Sánchez presentaron as novas unidades que se incorporan ao parque móbil do servizo municipal de bombeiros do Concello: un vehículo para intervención forestal e un furgón para servizos varios. “Estamos modernizando o servizo, que levaba unha década anticuado”, explicou o alcalde, quen avanzou que ademais de novos vehículos tamén se incorporarán proximamente novos efectivos ao servizo municipal.

A compra destes vehículos supuxo un investimento total de case medio millón de euros, dos que o 90% foi achegado por Unespa, a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras, e o 10% restante polo Concello.

O vehículo para intervención forestal é unha bomba pesada forestal, completamente equipada, dotada con dispositivos de autoprotección fronte ao lume tanto do propio vehículo como dos seus ocupantes, e supuxo un investimento de 323.9999,99 euros.

O furgón para servizos varios conta cun equipo de excarcelación totalmente autónomo, que facilita substancialmente a intervención en zonas de difícil acceso, xa que aporta máis manobrabilidade, e conta tamén cun remolque para mercancías peligrosas, ademais dos equipos de intervención. Supuxo un investimento de 154.624,85 euros

Artigos relacionados

Back to top button