ConcellosCulturaCulturaParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil convoca o XV Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas

 

Dende o o Concello de Parada de Sil vén de convocarse o XV Concurso Fotográfico Rosa Pons Fábregas, que conta con dúas modalidades. Unha delás é a de “Visións de Parada de Sil” co fin de “fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística” deste municipio. O certame conta tamén cun apartado de tema libre buscando “espallar a arte da fotografía”.

O patrocinador deste concurso, cuxo patrocinador é Camilo Yáñez, conta con dous premios en cada unha das súas modalidades. Así na de “Visións de Parada de Sil” establécese un primeiro premio de 800 euros e un segundo de 300 euros. Ademais, na segunda modalidade, a de libre, hai outros dous premios: un primeiro de 700 euros e un segundo de 200 euros.

Camilo Yañez é un empresario afincado en Barcelona pero con casa en Parada de Sil, onde a súa nai que dá nome ao concurso foi mestra moitos anos e unha pedagoga moi adiantada ao seu tempo.

Os traballos poderán presentarse ata o 26 de xullo.

Máis información:

www.paradadesil.es

Artigos relacionados

Back to top button