ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil homenaxea á muller emprendedora

 

Baixo o lema o ‘Emprendemento en Parada de Sil ten nome de Muller’, na xornada deste venres 10 de marzo celebrábase no concello de Parada de Sil un emotivo e sinceiro acto de homenaxe á muller emprendedora. Dende gandeiras moi xoves como Rocío, ata hostaleiras como Yolanda e Inma ou aseguradoras como María José.

No acto proxectouse un vídeo con entrevistas a todas elas que “explicaron por que emprenderon en Parada e a sua satisfacción co proxecto”, explican dende o Concello. Tamén se proxectaban fotos con imaxes de emprendedoras xubiladas e algunha xa falecida. Previamente o alcalde Aquilino Domínguez saudaba aos asistentes e agradecía emocionado a alta participación e resposta veciñal.

 

 

Cristina, a orientadora laboral, era a encargada de facer un recordatorio do que motiva este acto para non perder a memoria, rematando o acto cunha chocolatada servida por Paco e unha degustación de galletas con letras conmemorando o Día da Muller, feitas por Inma do restaurante O Curtiñeiro.

Os actos de conmemoración do 8M rematan mañá cunha explicación e contacontos para os cativos.

Fotos: Luis Baños e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button