ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil pagará “todas as facturas no prazo dunha semana”

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Parada de Sil, a través do seu alcalde, Aquilino Domínguez, vén de anunciar neste martes que o seu obxectivo é “facer o pago efectivo de tódalas facturas no prazo de oito días, antes de fin de ano”.

Ademais dende este Concello indícase que se invisten 2.055 euros por habitantes no 2.020, “máis de 1.000 euros máis que calquera dos concellos colindantes e leva analizando tempo a maneira de facer efectivo o pago das facturas o antes posible, dado que o problema non é de liquidez senón de medios. A carencia dos mesmos fai que na actualidade a media de pago estea en torno aos 30 días”.

Isto non satisfacía ao alcalde que tratou “de resolver isto dende o principio” do seu mandato, atopando agora o mecanismo para acadar o obxectivo. Aquilino Domínguez entende que “a maioría das facturas, despois dunha análise pormenorizada, as emiten pequenas empresas polo que o axilizar os pagos contribúe a un mellor funcionamento das mesmas así como favorecer a súa viabilidade”.

O alcalde amosa a súa satisfacción por poder acadar este obxectivo, “antes incluso do previsto porque contribúe a axilizar a que as empresas poidan ter os recursos necesarios”.

Artigos relacionados

Back to top button