
Os concellos de Valdeorras continúan a tomar medidas excepcionais para paliar os efectos do coronavirus. Na mañá deste mércores 18 de marzo (cuarto día da situación de estado de alarma), a alcaldesa de Petín Raquel Bautista Carballo emitía un bando comunicando as medidas adoptadas “co fin de mitigar o impacto que supón a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 sobre determinados sectores económicos”.
A máis destacada é o “aprazamento do cobro das taxas municipais (auga, alcantarillado, recollida de lixo e canón de auga e imposto de vehículos)”. Ademais, dende o Concello ofrecen a posibilidade de “solicitar o fraccionamento do pano do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)”, na oficina do Concello a partir da finalización do estado de alarma.