ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín contratará a dous peóns

Exterior do Concello de Petín.

 

Este mércores 14 de abril publicábase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio da convocatoria para a contratación por parte do Concello de Petín, de dous operarios (peóns), para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

Será un contrato laboral temporal a xornada completa por seis meses e o sistema de selección será por concurso de méritos. O prazo de presentación de instanciasé de cinco días hábiles a partir de onte, 15 de abril.

As funcións propias asignadas ao posto de traballo serán nos seguintes servizos: limpeza, arranxo, embelecemento e mantemento de beirarrúas en todo o termo municipal; limpeza, arranxo e mantemento zonas axardinadas do concello; mantemento de instalacións municipais; labores de xardinería; responsabilizarse do material de traballo que manexe.

O texto completo da bases da selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Petín e na sede electrónica municipal. Tamén se poden consultar aquí: BASES-EMPREGABILIDADE-2021-2

 

Artigos relacionados

Back to top button