ConcellosÚltima hora

O Concello de Petín recibe a doazón de 2.000 mascarillas por parte da Adega Terriña

A AVPC será a encargada de repartilas entre os veciños do municipio

 

Neste tempo de crise sanitaria e económica toda axuda e pouca. Por iso, dende o Concello de Petín están especialmente agradecidos pola doazón que na mañá deste mércores 6 maio, lle facía a Adega Terriña.

A enóloga, Lucía Carballeira era a encargada de entregar á alcaldesa Raquel Carballo, un total de 2.000 mascarillas cirúrxicas para os veciños do concello que serán repartidas polos voluntarios de Protección Civil.

Tal como explica a propia alcaldesa, ata o momento da Xunta recibiron 650 mascarillas que tamén foron repartidas por Protección Civil, co cal a doazón desta empresa é “moi importante e necesaria para o noso concello”, polo que lles dá as grazas no nome de todos veciños a Javier Méndez e o seu fillo Juan Luis Méndez, responsables da adega con sede en Carballal.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button