ConcellosPetínÚltima hora

O Concello de Petín saca a concurso o arrendamento do “Bar da piscina municipal”

“Bar da piscina municipal” de Petín./ Foto cedida.

 

De conformidade coa resolución da Alcaldía, do día 29/03/2023, no Boletín Oficial da Provincia de Ourense deste luns 3 de abril, sae publicada a convocatoria por parte do Concello de Petín, do concurso para o arrendamento do “Bar da piscina municipal”, situado na antiga rúa Poblado Iberduero, en Petín.

Segundo reza no Prego de cláusulas administrativas particulares, trátase dun inmonle construído dunha soa planta de 26 m2 de ocupación, con cerramentos de bloque de formigón revestido e pintado e carpinterías de aluminio, chan de terrazo e cuberta de estrutura de madeira e lousa. Sen división horizontal.

A forma de adxudicación do contrato de arrendamento será o concurso público, no que calquera interesado poderá presentar una oferta, de acordo co artigo 107.1 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas.

 

Exterior do recinto das piscinas municipais de Petín./ Foto cedida.

 

O orzamento base de licitación ascende a “1.000,00 € (IVE incluído), dado que a renda ascende á cantidade de 250 € mensuais (correspondendo a tempada a 4 meses, dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro), cantidade determinada polo valor medio do mercado, segundo valoración realizada polos Servizos Técnicos Municipais, que poderá ser mellorada á alza polos licitadores”. O pago se efectuará “por mensualidades anticipadas nos sete primeiros días do mes correspondente” e “rexeitaranse as ofertas que non alcancen o tipo de licitación”.

A duración do contrato de arrendamento fíxase en “3 anos, de carácter prorrogable por un ano máis, dende a data na que se asine o contrato entre o Concello e o adxudicatario do concurso público”.

As ofertas presentaranse nas dependencias do Concello de Petín de 9 a 14 horas de luns a venres, “dentro do prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no Perfil de Contratante aloxado na sede electrónica do Concello de Petín”.

 

Artigos relacionados

Back to top button