EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Quiroga e Medio Rural promoverán a mobilización de terras para a olivicultura

O rexedor deste municipio lucense, Julio Álvarez, mantiña unha xuntanza co titular de Medio Rural para traballar nesta liña
Un dos momentos da reunión entre o alcalde de Quiroga e o conselleiro do Medio Rural.

No mediodía do 5 de novembro o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, reuníase co conselleiro do Medio Rural, José González, en Santiago para plantexarlles as súas demandas e suxestións en relación co agro deste municipio lucense. Ambos abordaron, entre outras cuestións, a posta en valor da produción de aceite neste concello e a mobilización de terras para a plantación de oliveiras.

Ademais ambos avaliaron o convenio asinado recentemente entre a consellería e o Concello para o acondicionamento e humanización dos espazos públicos rurais de Pacios de Monelo e A Ribeira, que suporá un investimento de case 35.500 euros por parte da Xunta. Este documento enmárcase na liña de proxectos senlleiros impulsados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Artigos relacionados

Back to top button