“Río feminista, libre e diverso”. É o lema que aparece impreso nas libretas que o Concello de San Xoán de Río está a entregar no marco da celebración do “Día do Orgullo LGTBI+”. Estas libretas serán repartidas polo Concello nesta xornada de venres e tamén na do vindeiro luns.
Fotos cedidas.