
O Concello de San Xoán de Río vén sumarse á celebración do Día Internacional da Saúde da Muller. No marco desta data (cuxo día propiamente dito é o 28 de maio), vén de editar un tríptico informativo sobre o tema (unha guía de autocoidado da muller) e, ademais, agasalla a calquera persoa que se pase pola Casa Consistorial a buscalo con candeas aromáticas, tal e como informa o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.